Ahora toca preparar la temporada que viene, mi objetivo es ponerme en una optima forma fisica, no me vale estar "fino" nada mas, o tener un puntito mas que la media. Quiero estar en plena forma.
La mayor parte de este trabajo le va a tocar a Rocky.
Si mi querida bici, Joer que pasta mas bien invertida.
Me busque unas rutillas por Galicia. A ver que os parecen. QUIERO VER OPINIONES!!!!!
RG 94 Rutas de Galicia.
Interese paisaxístico O sendeiro GR 94, situado no sudoeste galaico, é unha vía que comunica o mar e a montaña en dirección Sur-Norte.
A ruta en Vigo achégase a dous promontorios coñecidos polas súas vistas panorámicas: A Madroa sobre a Ría de Vigo e o Castro de Negros sobre o val do río Maceiras, Reondela e a enseada de S. Simón. O primeiro fito no camiño constitúeo o Castelo de Soutomaior, fortaleza medieval nun harmónico contorno. Deixando atrás a igrexa de Rial e a ponte de Comboa sobre o río Verduxo e tras un pequeno desvío, o camiño sorpréndenos coa ponte de Almofrei e o seu extraordinario emprazamento. Aquí, o río baixa formando profundas pozas nunha zona de rochas e grandes desniveis. A arquitectura rural fai acto de presenza nos hórreos de Rascaderia, na antiga feira de Cuspedriños e no complexo igrexa-reitoral de Cequeril. As milenarias e simbólicas carballeiras achegan a súa beleza á senda en San Xusto. Os petróglifos son testemuño dun pasado afastado que o camiñante deberá localizar en Paredes. Esta ruta tamén podería coñecerse como Sendeiro das Pontes polos numerosos ríos que atravesa. Habería que destacar a ponte romana do Lérez, dun só ollo, alto e esvelto e, nun estilo totalmente diferente, a ponte colgante do couto salmoneiro e área recreativa do Xirimbao, á beiras do río Ulla.
Lonxitude 126 km.
Punto partida /chegada A Madroa (Vigo) / Barrio de Conxo (Santiago de Compostela).
Percorrido Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou e Santiago de Compostela.
Dificultade Alta. Percorrido moi longo por terreo accidentado. Recoméndase realizalo por etapas.
Conexións Cos GR 53,58 e cos PR-G 20 e 29.
Material Se se pensa facelo dun tirón, aconséllase levar abundante material de abrigo e comida suficiente.
Servizos En Vigo, Reondela, Soutomaior,Vilarchán, Xesteira, Sacos, Cimadevila, Cequiril, Sebil, Cuntis, Portela, Vea, Luou e Solláns. Un plus... Os petróglifos consisten en gravados rupestres ao aire libre realizados durante a idade de bronce. Estas orixinais manifestacións da plástica primitiva en Galicia teñen maior presenza na provincia de Pontevedra. Entre os motivos xeométricos máis repetidos encóntranse cazoletas, combinacións circulares, labirintos, espirais, etc. Tamén aparecen diferentes tipos de armas, así como figuras antropomorfas e zoomorfas (cervos, cabalos e serpes).
Ponte do S. XII sobre o rio Lerez
petroglifos en Campo Lameiro.
Que tal pinta tiene???
Ya ire poniendo mas dadme tiempo.
Informacion de turgalicia.
4 comentarios:
oxtia. 126 km dun tirón! Descarao.
Ti propón que nos dispoñemos o que queiras!!
A min pareceme perfecto. o que estás mais liao de tempo eres ti, creo! eu menos unha semana que me vou facer un curso... logo a mandar!!
De todolos xeitos, eu teño en mente a de LAXE-TRABA-CAMELLE-CEMITERIO DOS INGLESES (ou Camariñas... máis lonxe) Son 36 km ida e 36 volta. Iso esta mamao!
E isa sí que a teño eu mamada! Sin mapas nin gps!
Rilo e máis Nacho, parece que se apuntarían tamén. supoño que en fin de semana.
OK pero hai que empezar xa!!!
Teño pensado meterlle 2000Km a Rocky ata o 1 de outubro.
Son 126 km de pedra e calzadas romanas... Creo que fan falla dous dias. para senderismo danlle 6 dias. 36horas. en bici calculo 12-15. Ando buscando mais datos dos tramos para concretar.
Hay un GR de 190km!!!! en galicia e sin sabelo!!!!! eu pensaba que aqui pasaban das rutas verdes.
Joer en algo lle temos que ganar a rilo e nacho non????
Imos este domingo???
DESO PODES ESTAR SEGURO! Quero velos eu de mariquitas, chupando roda...
Imos este domingo. Feito.
Para a ruta de laxe, a ver si o sabado que ven podemos quedar!!
A min apetecíame, que levo sin ver o mar en condicións... nin se sabe (as excursións de fin de curso co cole non contan, que eran de traballo! je,je)
Publicar un comentario